15 de xaneiro de 2020

Novela semanal. Segunda entrega

Unha señora pasea o seu cadeliño. O animal deixou un agasallo na beirarrúa e a dona non se  molesta en recollelo. Habíalle cagar no seu portal para que aprendese a señora, pensa o detective. Máis aló, están uns cativos xogando coas novas figuras de acción que recibiron no Nadal. Están correndo polo parque xogando a que están loitando contra os malos. Parece que hai unha discusión; o cativo que ten que facer de malo quéixase de que sempre lle toca a el. Argumenta que estamos nunha sociedade moderna e que os valores actuais comprenden a solidariedade, traballo en equipo e reparto equitativo da carga de traballo. Bueno, se cadra non di iso porque co cristal de por medio non escoita, pero e se fose realmente así? A cabeza de Duchamps non para coas hipoteses. Cousas de detectives.

Xa acabou de comer así que se levanta da mesa e vai pagar á barra. Saca unhas moediñas do peto e entrégallas ao garçon. Sae pola porta e alí está a señora co cadeliño, un chihuahua, deses que son metade medo e metade mala hostia. O detective non lle di nada respecto da caquiña pero dedícalle unha mirada desas que matan; así tamén entenderá a mensaxe. Acto seguido pisa a bosta. Bérralle a señora que leva un susto enorme e o chihuahua empeza a ladrar ata que se solta e lle salta á perna.

Son as 10 da mañá e xa chegou á porta da súa casa. Parece que o can deixou de perseguilo. Nunca tanto deporte na vida fixera. Xa lle volveu abrir o apetito. Dentro ten un bocata de hai tres días, malo será que estea xa podre. Entra na casa, colle o bocata – que non ten a mellor das pintas pero tampouco está fedendo – e séntase no seu escritorio. O detectiva saca a documentación dos catro asasinatos e pégalle unha dentada ao bocata mentres vai repasando as primeiras follas. Realmente non é un caso doado; as vítimas eran famosas pero todas eran queridas pola xente da cidade. Un exfutbolista, un actor de cine, unha esquiadora profesional e un empresario que era dono da maior fábrica da contorna. Nese momento decátase de que lle quedara un cartafol pendente de abrir, un que lle deron na comisaría despois do cuarto asasinato. Un pequeno regalo do xefe de policía que é amigo da infancia. Estira a man dereita e coa punta dos dedos consigue collelo. Xa aberto empeza a ler as os novos documentos.

Continuará...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.