Gómez Pérez das Mariñas probablemente naceu en Betanzos e os seus dominios principais estendíanse polas terras comprendidas entre esta poboación e A Coruña.
Sendo aínda un rapaz estivo na corte do rei Xoán II que sentía moito aprecio por el. Tamén serviu con lealdade ao seu fillo o rei Henrique IV. O rei concedeulle en 1467 o ano en que estalou a Gran Revolta Irmandiña, a propiedade dunhas casas na Coruña como compensación dos gastos que lle ocasionara a defensa da cidade do conde de Benavente.
Durante a Revolta marchou a refuxiarse no Mosteiro de Samos e logo foi un dos principais dirixentes nobiliarios para retomar as súas fortalezas e as do seu xenro, Diego de Andrade.
Casou con Tareixa de Haro coa que tivo tres fillas, María das Mariñas que casou con Diego de Andrade; Constanza das Mariñas e Xenebra das Mariñas.
Testou o 4 de novembro de 1474 na Coruña, deixando disposto que fose enterrado na igrexa do convento de San Domingos de dita cidade.
Unha das súas propiedades nas Mariñas foi a Torre de Bergondo, hoxe coñecida como Pazo de Mariñán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.