15 de setembro de 2016

Aforismos de Leonardo

252.- De como é posible por medio dun aparello, permanecer algún tempo debaixo da auga; por que me nego a describir o meu procedemento para permanecer baixo a auga por todo o tempo durante o cal me é posible prescindir de alimentarme. Non o publico e non quero explicalo, temendo o carácter malvado dos homes, que aplicarían este dispositivo con fins de destrución, empregándoo para esnaquizar desde o fondo do mar o casco dos buques e afundilos xunto coas súas tripulacións. Ideei
outro aparello que non ofrece tal perigo e que consiste nun tubo cuxo extremo se mantén sobre a superficie da auga por medio de odres ou de cortizas, e permite ao mergullador respirar a través del.

Ningún comentario:

Publicar un comentario