Stanislaw Lem, naceu o 12 de setembro de 1922.
O Electrobardo dezmaba, en cambio, aos poetas auténticos, indirectamente, por certo, xa que non lles facía nada malo. No entanto, primeiro un lírico de idade provecta e logo dous vangardistas suicidáronse saltando dun alto penedo que, por un fatal concurso dea circunstancias, erixíase xunto ao camiño entre a casa de Trurl e a estación de ferrocarrís.
Os poetas organizaron inmediatamente varias reunións de protesta, postulando o peche e selado da máquina, pero, fóra deles, ninguén se preocupo polos luctuosos incidentes. Ben ao contrario, as redaccións de xornais estaban moi satisfeitas, posto que o Electrobardo, escribindo baixo miles de pseudónimos, sempre tiña listo un poema de dimensión indicada para cada ocasión; a súa poesía circunstancial tiña tal calidade que os cidadáns esgotaban nuns momentos tiradas enteiras: nas rúas vélanse rostros de expresión embelesada e soñadores sorrisos, e oíanse xentes saloucando quedamente. Todo o mundo coñecía os poemas do Electrobardo, o ambiente cidadán estaba saturado de preciosas rimas, e as naturezas particularmente sensibles, alcanzadas por unha metáfora ou unha asonancia especialmente lograda, ata desmaiaban da impresión. O xigante de inspiración estaba preparado para estes transos, producindo ao acto unha cantidade correspondente de sonetos
vivificadores.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.