17 de setembro de 2016

Inicio de Os Inmortais

Martin Amis - Os Inmortais

Vaia perspectiva. Pronto toda a xente se haberá ir e quedareime para sempre só. Con tanta radiación solar os seres humanos que aínda circulan atópanse en moi mal estado, sen contar os problemas de inmunidade, o réxime a base de ratas e cascudas e cousas polo estilo. Son os últimos; pero non poden durar moito (claro que tenta dicirllo a eles). Aquí están de novo; cambaleando, asómanse a mirar o inferno do atardecer. Todos padecen enfermidades e delirios. Todos se cren que son... Pero deixemos en paz aos pobres fillos de cadela.
Agora síntome libre para espir o meu segredo.
Son o inmortal.
Hai un tempo incriblemente longo que estou por aquí. Se o tempo é diñeiro, eu son o último dos grandes derrochadores. E, sabedes, cando un estivo en circulación tanto tempo como eu, a escala diúrna, ese número de vinte e catro horas, pode empezar a demolerche o ánimo. Eu tentei buscar un
esquema máis amplo. E tiven os meus éxitos. Unha vez mantívenme esperto sete anos seguidos. Sen sequera unha sesta. Que mareo, amigo. Doutra banda, esa vez que estiven enfermo en Mongolia durmín durante toda unha década. Sen nada que facer, de paseo por un oasis do Sahara, rasqueime o embigo durante dezaoito meses. Nunha ocasión -cando non había ninguén ao redor- estívenma meneando un verán enteiro. Até os inalterables crocodilos envexábanme os baños nos ríos sen tempo. Francamente, non había moito máis que facer. Pero ao fin interrompín estes experimentos e con mansedumbre uninme á rutina noite-día. Pareceume que necesitaba durmir. Pareceume que necesitaba facer as cousas que ao parecer necesita facer a xente. Cortarme as uñas. Comparecer ante o vaso e a bacía de afeitar. Ir á barbaría. Todas esas distraccións. Non me estraña que nunca terminase nada.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario