13 de setembro de 2016

Segovia

O 13 de setembro de 2015 organizamos unha breve escapada a Segovia e á súa contorna. A cidade vella de Segovia e o seu acueduto foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. É coñecida internacionalmente polo seu acueduto de 818 metros de longo, un dos monumentos máis significativos e mellor conservados dos que deixaron os romanos na península ibérica. Tamén destaca a súa catedral e o alcázar.

O poboamento humano remóntase a uns 60.000 anos, data na que foi datada a ocupación neandertal do Abrigo del Molino no val do Eresma, a tan só 500 m do emprazamento do alcázar. Foron pois, os neandertais, os primeiros en ocupar o territorio do que co tempo converteuse na cidade de Segovia. No lugar que hoxe ocupa o alcázar existía un castro celtibero, do que se coñecen algunhas evidencias, como o seu posible foso.

Crese que a cidade foi abandonada trala invasión islámica. Trala conquista de Toledo por Afonso VI, o xenro do rei, o conde de Galicia Raimundo de Borgoña, empezou a repoboación de Segovia en 1088 con cristiáns procedentes do norte da península e de máis alá dos Pireneos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.