John Haig - Confesións Antes de Ser
Aforcado
Mañá serei aforcado. Pasarei, por primeira e última vez por esa porta da miña cela (hai dúas nela) que nunca vin abrirse. A outra serve aos gardiáns cando veñen visitarme. Pero sei que pola segunda porta, esa sempre pechada, é arrastrado o home destinado á execución. En verdade, é o limiar do máis aló. Atravesarei ese limiar sen medo nin remorso. Os homes condenáronme porque me temían. Ameazaba a súa miserable sociedade, a súa orde constituída. Pero estou moi por encima, participo dunha vida superior, e todo iso que fixen, o que eles chaman "delitos", realiceino porque me guiaba unha forza divina. Velaquí por que me é completamente indiferente que se me trate de malvado ou tolo: de igual modo éme indiferente que comadres parvas soliciten verme. En efecto, parece, polo menos a estar ao que me dixo un gardián, que chegan á prisión moitas cartas dirixidas a min de parte dese frívolo sexo.
Pregúntome se existe alguén sobre a Terra capaz de comprenderme. En verdade, algunhas veces cústame a min mesmo, e agora, mentres refiro a miña experiencia, desespero de atopar nin sequera un só lector que estea á miña altura.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.