13 de agosto de 2016

Inicio de O Caos Reptante

O Caos Reptante (1920/21)
H.P. Lovecraft e Elizabeth Berkeley
     
Moito é o que se escribiu acerca dos praceres e os sufrimentos do opio. As éxtases e horrores de De Quincey e os paradis artificiels de Baudelaire son conservados e interpretados con tal arte que os fai inmortais, e o mundo coñece a fondo a beleza, o terror e o misterio deses escuros reinos onde o soñador é transportado. Pero aínda que moito é o que se falou, ningún home ousou aínda detallar a natureza das pantasmas que entón se revelan na mente, ou suxerir a dirección dos inauditos camiños por cuxo adornado e exótico curso vese irresistiblemente lanzado o adicto. De Quincey foi arrastrado a Asia, esa fecunda terra de sombras nebulosas cuxa temible antigüidade é tan impresionante que "a inmensa idade da raza e o nome imponse sobre o sentido de mocidade no individuo", pero el mesmo non ousou ir máis lonxe. Aqueles que han ir máis aló de cando en cando volveron e, cando o fixeron, foi sempre gardando silencio ou sumidos na tolemia. Eu consumín opio nunha ocasión... no ano da praga, cando os doutores trataban de aliviar os sufrimentos que non podían curar. Foi unha sobredose -o meu médico estaba esgotado polo horror e os esforzos- e, verdadeiramente, viaxei moi lonxe. Finalmente regresei e vivín, pero as miñas noites colmáronse de estraños recordos e nunca máis permitín a un doctor volver darme opio.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.