24 de agosto de 2016

Fragmento de A cidade dos Césares.

Un texto de Victor F. Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, xornalista, editor e escritor galego

    Naquela parte do mundo hai dúas illas que os navegantes chaman da Providencia, dous illotes pequenos, tal que viñan tamén nos mapas, e cara a elas mandou meu señor marcar o rumbo logo de medir a altura contra o mediodía do día vinte e catro. Non podía presentarse máis triste a noite de Nadal.
    -A xente vén moi castigada, señor -comenteille-. Arreponse contra os soldados. ¿Quen sabe se poderemos seguir contando coa tropa? O comandante Nicolás García está fóra de si...
    No tobo da camareta daba voces coma un entangaranado. Metía medo velo daquela maneira, axitándose coma un diaño, os ollos arregalados, deitando escuma pola boca. Puid ser medo, ou as dificultades da travesía, ou algo que el tiña e que non coñeciamos, non o sei, que outros casos vin semellantes. Epilepsia, din os libros. Perlesía. Pero tamén a man do Maligno que se apodera ás veces do espírito dos homes e fala pola nosa boca
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.