Texto de Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938.
—¡Non ouvimos ben! ¡Non ouvimos ben! —ladroulle enérxico Fernando Salgueiro, mentres lle puña a súa pior cara de fera.
—¡Arriba España! ¡Arriba España! -berrou daquela o home cunha voz choca que deformaba o terror.
Ollámonos e rachamos a rir, proseguindo o noso camiño deica a fonda.
Certamente, os camaradas adoitabamos meter un bocado na boca despois de facermos limpeza na alborada. Algúns de Verín sairamos aquel día ao Furriolo, no Ford crema de Fernando. Quixera vir canda nós o Caballero, que vive en Cualedro. Antes de o sol raiar, os de Celanova sacaran do Convento a seis, e subírannolos ao Furriolo, na camioneta requisada á familia do Celso de Poulo, despois de el mesmo ser morto nos primeiros días. Alí os claudiamos aos seis, na zanxa do Furriolo.
Recibiunos moi ledo o dono da fonda.
—¡Vivan os Camisas Viejas! —exclamou rindo.
—¡Cala, necio! -cortouno Fernando.
—¿Vou dar aviso?
—¡Nin mu! Hoxe andamos de incógnito...
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.