9 de xaneiro de 2013

Sen noticias de Gurb

   A dous días do setenta cumpleanos do seu autor, Eduardo Mendoza, o libro traído hoxe é a súa hilarante comedia "Sen noticias de Gurb" escrita en 1991.

   Dous alieníxenas chegan á Terra, exactamente a Barcelona, cunha misión descoñecida para nós, un chámase Gurb e o outro non se sabe, pero será o protagonista da obra intentado atopar ó primeiro, malia que sen moita ansia, pois o mundo iralle parecendo pouco a pouco máis emocionante que dar co seu colega, de sexualidade dudosa, o cal se perderá na cidade transformado nunha muller medio fulana (os alieníxenas teñen o poder de adoptar a apariencia dos humanos, e cada día adoptan unha distinta segundo o seu humor e malévolos plans). Máis tarde descobriremos que preferiría o disfraz de fulana enteira.

   Cada día o alieníxena sen nome escribirá un diario, que será o que lexamos nós, describindo as súas desenfreadas aventuras e perversos pensamentos sobre todo o que lle acontece no misterioso e ridículo mundo dos humanos.

   A pesar das súas boas intencións e do seu afán de, se non integrarse na sociedade, polo menos pasar o máis desapercibido posible, este propósito costaralle infinitamente, coma se testemuñará na cantidade de veces que acabará en comisaría ou na triste cama do seu cuartucho, en vez da da súa veciña.  A última frase que escribirá antes de acostarse, se e que non está moi borracho para elo, como xeralmente ocurre, é: sen noticias de Gurb.

    O libro publicouse inicialmente por partes no diario O Pais e máis tarde pasaría a formato libro, sen moitas expectativas de ventas para o autor, que se vería abraiado polo erro da súa predicción, pois sería un dos seus libros máis afamados e traducidos.

F.D.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.