Trátase agora pois de volver ó lugar do sinistro, o entorno satelitario de Xúpiter, e recuperar a nave abandoada xunto con toda a súa información, e xa de paso investigar o enorme monolito do cal se poden obter moitas respostas.
Mais non todo será tan sinxelo. Para empezar, os donos da nave, estadounidenses, deberán competir cos rusos e cos chinos que voan xa para aló dispostos a abordala.
Unha vez alá, terán que facer conta de HAL. É posible que o necesiten de novo, malia que enloquecera durante a ida.
Tanto as leis físicas como a integridade mental dos tripulantes entrarán constantemente en dúbida.
E é que aquel que fora unha vez David Bowman vaga agora polos universos transportanto con el únicamente o seu rastro de enerxía, utilizándoa un pouco como lle ven en gana.
Se ben mencionara o autor que unha secuela do primeiro libro era totalmente imposible, en 1982 sae á luz esta continuación que se ben non tivo un impacto tan grande, malia ter tamén version cinematográfica, si que mantén alto o listón e vai fiando un mundo, ou universo, que dará pé a ainda outras dúas novelas máis.
F.D.M.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.