20 de abril de 2012

O ARADIÑO


Letra: Manuel María

Labrado da miña mau
fixen coa miña navalla
un aradiño de pau.

Leva timón e chavella
e unha rella furadora
feita cunha lata vella.

Ten orelleira, rabela
tan luída e rematada
que namora mirar pra ela.

O meu arado e tan feito
que pode incruso esfender
labradíos a barbeito.

Teño xa que darlle estreno
ó meu arado arador,
ó meu arado pequeno.

E non sei ónde hei de ir
buscar os bois que preciso,
buscar os bois pra xunguir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.