18 de setembro de 2011

Libros viaxeiros (1): El color de la Magia


Hoxe 18 de setembro cumprimos 11 meses deste blog diario e introducimos unha nova actividade no Club de Lectura Brigantium coa cesión de libros, que chamaremos Libros viaxeiros.

Cada semana de aqui a finais de ano iremos facilitando un libro, que poderá  ser recollido libremente nas actividades da Sociedade, co compromiso de que o libro sexa comentado brevemente no blog e que despois de lido siga a súa viaxe de man en man.

O primeiro libro que estará a disposición esta semana (no Centro Universitario de Riazo) é El Color de la Magia, de Terry Pratchett

Título: El Color de la Magia

Número Brigantium: 1
ISBN: 978-84-9989-284-9
Número BCID: 713-10156920 (ligazón a bookcrossing)

Idioma: castelán
Colección: DEBOLSILLO
Temática: Novela fantástica e ciencia ficción
Páxinas: 288
En varias páxinas se colocaron selos de Palaestra.

Primeiro volume da serie Mundodisco de Terry Pratchett.

Nun mundo plano sostido por catro elefantes que se apoian nas costas dunha tartaruga xigante, habitan os  personaxes desta novela. Nesta serie de novelas danse cita todos os temas e situacións do xénero fantástico, visto a través do personalismo e corrosivo sentido da comicidade do autor inglés Terry Pratchett, que se converteu nun dos escritores de humor de maior éxito e fama no mundo.

Terry Pratchett, nado en 1948, é un escritor británico de fantasía e ciencia ficción. Con máis de 40 millóns de libros vendidos, é o segundo autor de ficción con máis vendas despois de J.K. Rowling. Actualmente vive preto de Stonehenge e anunciou en 2007 que padece Alzheimer, o que lle levou a preparar a súa morte asistida. Ao anunciar a súa enfermidade comentou ironicamente que non estaba morto aínda que "por suposto, estarei morto nun futuro, como todo o mundo. Para min, quizá máis tarde do que pensas".

Durante uns anos foi responsable de relacións públicas nunha central nuclear, xusto antes do desastre de Three Mile Island. Precisamente este era o seu traballo cando escribiu a súa primeira novela sobre o Mundodisco, que é a que presentamos aqui: A cor da maxia (1983).

E se xa coñeces o libro, pois podes comentalo neste espazo, para aconsellar (ou non) a súa lectura.

2 comentarios:

  1. Excelente iniciativa y excelente elección del primer libro

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente ten algúns episodios memorables. Non vou reproducir nada por non fastidar a lectura aos que non o coñezan, pero hai un fragmento no que fala do que o mago considera "pintoresco" e "típico" que son as mellores definicións que atopei nunca.

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.