8 de setembro de 2011
Aforismos de Leonardo
25.- Os antigos chamaban ao home un mundo menor, designación xusta, porque está composto de terra, auga, aire e lume como o corpo terrestre, e a el aseméllase. Se o home ten os seus ósos, que lle serven de armadura e sosteñen a súa carne, o mundo ten as súas rocas que sosteñen a súa terra; se o home ten dentro de si un lago de sangue, onde crece e decrece o pulmón para a súa respiración, o corpo da terra ten o seu mar océano que, cada seis horas, crece e decrece tamén para a súa respiración; se daquel lago de sangue derivan as veas que van ramificándose por todo o organismo, analogamente o mar océano enche o corpo terrestre con innumerables veas de auga; pero faltan ao noso globo os nervios, que non lle foron dados porque eles están destinados ao movemento, e o mundo, na súa perpetua estabilidade, carece de movemento, e onde non hai movemento os nervios son inútiles. Pero, en todo o demais, o home e o mundo son semellantes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.