6 de setembro de 2011

Concurso de relatos de xadrez

A Asociación Galega de Axedrecistas convoca o I Premio de Microrrelatos de Xadrez rexido polas seguintes
BASES:
1- Poderán participar todos os autores, sexa cal for a súa nacionalidade, con microrrelatos en Galego ou Castelán. Poderanse presentar un máximo de tres relatos inéditos por participante.
2- O XADREZ deberá estar presente en todos os relatos que se entreguen.
3- Os microrrelatos terán unha extensión de ENTRE 1 e 500 PALABRAS, sen incluír o título. As obras virán redactadas en formato txt, odt, word, rtf ou pdf.
4- Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico a: relatos@agax.org, en ficheiro adxunto. No corpo da mensaxe deben aparecer os seguintes datos: nome do autor, título do relato e un currículo breve.
5- O prazo de admisión comezou o 1 de setembro de 2011 e finalizará ás 23:59 horas do 15 de novembro de 2011.
6- O xurado serán nomeado pola asociación convocante e estará composto por persoas de recoñecida solvencia a xuízo da Xunta Directiva, actuando de secretario un membro da mesma.
7- O xurado dará a coñecer o seu veredicto o día 30 de novembro de 2011. O fallo será inapelable e publicitarase seguidamente a través da web oficial, así como polo correo desde o que se remitiu o relato.
8- As obras presentadas quedarán en poder da Asociación Galega de Axedrecistas, que se reserva o dereito da súa publicación, exposición e difusión, a través do seu sitio web ou doutros colaboradores (clubs de lectura das asociacións Palaestra e Hercle), ou de calquera outro xeito, citando sempre as referencias do autor.
9- Os relatos gañadores serán publicados en galego na Colección Libros de Peto de Asencudega.
10- A presentación a este concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán resoltos pola organización.

6 comentarios:

  1. ¿500 palabras? Eso no dara para nada. No llegan a dos carillas de una página!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Outra cousa. A pesar de que 6. "O xurado será nomeado pola asociación convocante e estará composto por persoas de recoñecida solvencia ..." non hai premio pecuniario?

    ResponderEliminar
  4. Francisco, es que si son más de 500 palabras, ya no es un micro... Y en ese espacio se pueden contar cosas, te lo aseguro ;)

    ¿Premio pecuniario? Ah, el vil metal XDXD Materialistas, puñeta XD

    ResponderEliminar
  5. Puestos a pedir preferiría el vil papel, que es menos pesado.

    ResponderEliminar
  6. Seh, o una vil trasferencia, ya... Pero tío, que estamos en crisis XD

    ResponderEliminar