7 de setembro de 2011
Concurso adiviña o libro V
Velaquí outro bonito poema, este dun autor máis coñecido.
Como pistas nace no mesmo ano que o autor da adiviñanza anterior, pero morreu 23 anos antes. A publicación deste e outras poemas que forman unha unidade orgánica data do ano 1857, e foi adicado a un poeta compatriota chamado Teófilo.
A adiviñar: Título do poema, título da colección de poemas e autor da obra.
Espero que estas adiviñanzas e o poema que segue a continuación non vos dé moito tedio e fastío. Sei que non son fáciles, pero intentade responder algo, e según vexa que vos acercades ou afastades irei dando máis pistas).
O un aluméame co seu ardor,
O outro en ti pon o seu dó, ¡natura!
O que di a un: ¡sepultura!
Di ao outro: ¡vida e esplendor!
Hermes descoñecido que me asistes
E que sempre me intimidas,
Ti fasme ó igual que Midas,
O máis triste dos alquimistas;
Por ti eu cambio o ouro en ferro
E o paraíso en inferno;
No sudario das nubes.
Descobro un cadáver querido,
E sobre as celestes ribeiras
Levanto grandes sartegos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Non teño nin idea
ResponderEliminarÉ unha mágoa que estas entradas túas de adiviña o libro non teñan moitas respostas, porque levan o seu traballo.
Creo que alguén debería recopilalas.
Con todo o bo dos blogs é que permanecen bastante tempo e seguro que pouco a pouco van crecendo as visitas (e aumentando a cultura da xente para solucionar estas cousas). XD