O día 20 de novembro quedou institucionalizado como Día Internacional
dos Dereitos do Neno, ou Día Universal da Infancia. É unha data que nos fai lembrar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita que se lle protexa, senón tamén unha persoa que ten dereito a ser educado, coidado e protexido alá onde nacese.
É máis, un neno é unha persoa que ten o dereito a divertirse, a aprender e a expresarse. Todos teñen dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en todos os aspectos.
"Convir" significa estar de acordo acerca de algo e tomar unha responsabilidade ante o que se convén". A Convención dos Dereitos do Neno é un conxunto de normas acordadas que deben respectar todos os países que a asinaron e ratificaron.
Adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, os artigos desta Convención propoñen novos achegues aos contidos na Declaración dos Dereitos do Neno de 1959, e fundamentalmente avanza no aspecto xurídico, ao facer aos Estados asinantes "xuridicamente" responsables do seu cumprimento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.