Tras as investigacións efectuadas en Inglaterra, en Francia, en Rusia, en Prusia, en España, en Italia, en América e mesmo en Turquía, houbo de rexeitarse definitivamente a hipótese dun monitor submariño.
Elo sacou de novo a relucir a idea do monstro, pese ás incesantes burlas con que o trataba a prensa, e, por ese camiño, as imaxinacións quentes deixaronse invadir por as máis absurdas fantasmagorías dunha fantástica ictiología.
Á miña chegada a New York, varias persoas me tiveran feito o honor de consultarme sobre o fenómeno en cuestión. Tivera publicado eu en Francia unha obra, en dous tomos, titulada Os misterios dos grandes fondos submariños, que tivera atopado unha excelente acollida no mundo centífico. Ese libro facía de min un especialista nese dominio, bastante escuro, da Historia Natural.
Solicitada a miña opinión, pecheime nunha absoluta negativa mentres puiden rexeitar a realidade do feito. Mais pronto, arrodeado, vinme na obriga de explicarme categóricamente. «O honorable Pierre Aronnax, profesor do Museo de París», foi conminado polo New York Herald a formular unha opinión.
Tiven que facelo. Non pudendo xa calar por máis tempo, falei. Analicei a cuestión dende todos os puntos de vista, política e centíficamente. Do moi denso artículo que publiquei no número do 30 de abril, poño a continuación un extracto.
«Así pois -decía eu-, tras examinar unha por unha as diversas hipótese posibles e rexeitado calquera outra suposición, necesario é admitir a existencia dun animal mariño dunha extraordinaria potencia.
As grandes profundidades do océano nos son totalmente descoñecidas. A sonda non puido alcanzalas. Qué hai neses lonxanos abismos? Qué seres os habitan? Qué seres poden vivir a doce ou quince millas por embaixo da superficie das augas? Cómo son os organismos deses animais?
A penas pode conxeturarse.
A solución do problema que me consultan pode revestir a forma do dilema. Ou ben coñecemos todas as variedades de seres que viven no noso planeta ou ben non as coñecemos. Se non as coñecemos todas, si a Natureza ten aínda secretos para nosoutros en ictiología, nada máis aceptable que admitir a existencia de peces ou de cetáceos, de especies ou mesmo de xéneiros novos, dunha organización esencialmente adaptada aos grandes fondos, que habitan as capas inaccesibles á sonda, e aos que un acontecemento calquera, unha fantasía, un capricho se se quere, lévalles a longos intervalos ao nivel superior do océano.
Se, polo contra, coñecemos todas as especies vivas, haberá que buscar necesariamente ao animal en cuestión entre os seres mariños xa catalogados, e neste caso eu me indinaría a admitir a existencia dun narval xigantesco.
O narval vulgar ou unicornio mariño alcanza a cotío unha lonxitude de sesenta pes. Quintuplíquese, decuplíquese esa dimensión, outórguese a ese cetáceo unha forza proporcional ao seu tamaño, auméntense as súas armas ofensivas e se obterá o animal desexado, o que reunirá as proporcións estimadas polos oficiais do Shannon, o instrumento esixido pola perforación do Scotia e a potencia necesaria para cortar o casco dun vapor.
En efecto, o narval está armado dunha especie de espada de marfil, dunha alabarda, segundo a expresión dalgúns naturalistas. Trátase dun dente que ten a dureza do aceiro. Tense atopado algúns destes dentes cravados no corpo das baleas ás que o narval ataca sempre con eficacia. Outros foron arrancados, non sen esforzo, dos cascos dos buques, atravesados de parte a parte, como unha barrena fura un tonel. O Museo da Facultade de Medicina de París posúe unha destas defensas que mide dous metros vintecinco centímetros de lonxitude e cuarenta e oito centímetros de anchura na base. Pois ben, supóñase esa arma dez veces máis forte, e o animal, dez veces máis potente, lánceselle cunha velocidade de vinte millas por hora, multiplíquese a súa masa pola súa velocidade e obterase un choque capaz de producir a catástrofe requerida.
En consecuencia, e ata dispoñer de máis amplas informacións, eu decántome por un unicornio mariño de dimensións colosais, armado non xa dunha alabarda, sino dun verdadeiro espolón como as fragatas acorazadas o os “rams” de guerra, dos que parece ter á vez a masa e a potencia motriz.
Así podería explicarse este fenómeno inexplicable, a menos que non haxa nada, a pesar do que se ten entrevisto, visto, sentido e notado, o que tamén é posible.»
Estas últimas palabras eran unha cobardía por mi parte, mais eu debía cubrir ata certo punto a miña dignidade de profesor e protexerme do ridículo evitando facer rir aos americanos, que cando rin o fan con ganas. Con esas palabras creaba unha escapatoria, mais, no fondo, eu admitía a existencia do «monstro».
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.