Defínese como tradición oral á forma de transmitir desde tempos anteriores a cultura, a experiencia e as tradicións dunha sociedade a través de relatos, cantos, oracións, lendas, fábulas, esconxuros, mitos, contos, etc.
Transmítese de pais a fillos, de xeración a xeración, chegando até os nosos días, e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos. Dependendo do contexto os relatos poden ser antropomórficos, teogónicos, escatolóxicos, etc.
Desde épocas remotas no que o home comezou a comunicarse a través da fala, a oralidade foi fonte de transmisión de coñecementos, ao ser o medio de comunicación máis rápido, fácil e utilizado. Esta forma de transmisión adoita destorsionar os feitos co paso dos anos, polo que estes relatos sofren variacións nas maneiras de contarse, perdendo ás veces o seu sentido inicial.
A tradición oral foi fonte de grande información para o coñecemento da historia e costumes fronte aos que defenderon a historiografía como único método fiable de coñecemento da Historia e da vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.