30 de novembro de 2016

Fragmento de A Memoria do Boi

Memoria do Boi foi escrita por Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946.

Un home vestido de palla entra en Boapedre cando serodia o inverno. Foi tanto tempo de outono este ano dezaseis que mesmo as árbores enmallaron as ponlas para se defenderen do vento. Río grande baixa en medras cara ao estómago do mar pequeno, o mar das casas, o mar martuxo que mente as tempestades que hai alén de Ons e Cíes, Sálvora... Home vén por vez primeira á cidade do sur e da boa entrega. Dixéronlle que ten aquí os ósos paternos da familia dando terra anónima. E fosforece cando alcanza a ollar o Burgo, cabo da ponte. Calza zocas de abidueira e gasta caxato con balouco de carballo para afincar ao chan. É menos home el có ruído dos seus pasos pola beira das laxes.
...

29 de novembro de 2016

Chuvia III

Chove en Santiago, meu doce amor… Federico García Lorca
Para a chuvia con moito aire temos :

1.    brea
2.    cebrina
3.    cebrisca
4.    chuvascada
5.    chuvasco
6.    cifra
7.    ciobra
8.    coriscada
9.    corisco
10. zarracina

28 de novembro de 2016

Chuvia II

2. Mexan por nós e temos que dicir que chove… Castelao
Para indicar unha chuvia forte temos:

1.    arroiada
2.    ballón
3.    balloada
4.    basto
5.    bátega
6.    bategada
7.    brea
8.    calistro
9.    cebra
10. cebrina
11. cebrisca
12. chaparrada
13. chaparrazo
14. chuvascada
15. chuvasco
16. chuvieira
17. chuviñeira
18. cifra
19. ciobra
20. coriscada
21. corisco
22. decembra
23. diluvio
24. dioiva
25. dioivo
26. torba
27. torbada
28. torboada
29. torbón
30. treboada
31. trebón
32. xistra
33. zarracina
Alexandre Giráldez Soage: CAIRO: chuvia forte e, normalmente, de duracion breve. Ex: "está a cair un cairo", "cacho de cairo está a cair", "hoxe está de cairos". No Morrazo, en Cangas, Moaña, Bueu

27 de novembro de 2016

PEDRO AMIGO DE SEVILHA

PEDRO AMIGO DE SEVILHA

Non sei no mundo outro homen tan coitado
com'hoj'eu vivo, de quantos eu sei;
e, meus amigos, por Deus, que farei
eu, sen conselho, desaconselhado?
Ca mia senhor non me quer fazer ben
senón por algo: eu non lhi dou ren,
nen poss'haver que lhi dé, mal pecado.

E, meus amigos, mal día foi nado,
pois esta dona sempre tant'amei,
des que a vi, quanto vos eu direi,
quant'eu máis pud', e non hei dela grado;
e diz que sempre me terrá en vil
ata que barate un maravidil,
e mais dun soldo non hei baratado.

E vej'aquí outros eu, desemparado,
que han seu ben, que sempr'eu desejei,
por senhos soldos, e gran pesar hei,
por quanto dizen que é mal mercado;
ca, se eu podesse mercar assí
con esta dona, que eu por meu mal vi,
logu'eu seería guarid'e cobrado
de quant'afán por ela hei levado.

26 de novembro de 2016

Chuvia

Moito debe chover en Galicia para que o galego teña unhas 78 palabras para chuvia, 30 para chover e ditos, refráns, etc

1. Como chove miudiño, como miudiño chove … Rosalía de Castro
Estes versos son dos máis recitados en galego. E para a chuvia miúda e fina temos nada menos ca estas palabras:

1.    babuña
2.    babuxa
3.    barbaña
4.    barbuña
5.    barbuza
6.    barrallo
7.    barrufa
8.    barrufo
9.    barruñeira
10. barruzada
11. barruzo
12. bátega
13. borralla
14. borrallada
15. breca
16. chuviñada
17. chuviñeira
18. chuvisca
19. chuviscada
20. froallo
21. lapiñeira
22. marmaña
23. mera
24. morriña
25. morriñada
26. orballada
27. orballeira
28. orballiscada
29. orballo
30. patiñeira
31. patumeira
32. poalla
33. poallada
34. poallo
35. poalleira
36. salseiro
37. zarapallada
38. zarzallo


-E na Mariña de Lugo tamén se di boubizo (e boubizar) -Francisco Xosé Candia Durán-
-Nas veigas do río Asma en Chantad unha seca-fría é un pequeno torbón que cae moi raras veces co aire norte ou sarandón e que non chega case nin a mollar a terra pero, iso si, é moi frío (Benigno González, Vilaguillulfe)

25 de novembro de 2016

Inicio de LINGOTES DE OURO

Lingotes De Ouro
Agatha Christie

Estes relatos son contados polos membros do Club dos Martes que se reúnen cada semana. Na cal cada un dos membros e por quenda expón un problema ou algún misterio que cada un coñeza persoalmente e do que, desde logo saiba a solución.
Para así o resto do grupo poder dar coa solución do problema ou misterio.
O grupo esta formado por seis persoas:
Miss Marple, Muller xa maior pero especialista en resolver calquera tipo de misterio.
Raymond West: Sobrino de Miss Marple e escritor.
Sir Henry Clithering:Home de mundo e comisionado de Scotland Yard.
Doutor Pender: Ancián clérigo de parroquia
Mr. Petherick:Notable avogado
Joyce Lempriére:Novo artista

Non se se a historia que vou contarlles é aceptable -dixo Raymond West-, porque non podo brindarlles a solución. No entanto, os feitos foron tan interesantes e tan curiosos que me gustaría propola como problema e, talvez entre todos, podamos chegar a algunha conclusión lóxica.
»Ocorreu hai dous anos, cando fun a pasar a Pascua de Pentecostés a Cornualles cun home chamado John Newman.
-Cornualles? -preguntou Joyce Lemprire con viveza.
-Si. Por que?
-Por nada, só que é curioso. A miña historia tamén ocorreu en certo lugar de Cornualles, nunha aldeíña pesqueira chamado Rathole. Non irá vostede a dicirme que o seu é o mesmo.
...

24 de novembro de 2016

Aforismos de Leonardo

261.- O voitre e os outros paxaros que axitan pouco as ás no voo, buscan sempre a corrente do aire; cando o vento reina nas capas superiores da atmosfera obsérvallos voando a gran altura; se reina nas capas inferiores, permanecen nelas.