11 de novembro de 2015

Praza de Touros coruñesa.

O edificio que aparece á dereita é a Praza de Touros, que se atopaba entre os camiños que a finais do século XIX chamábanse Novo e de Santa Margarida, que facían as veces de estrada de Castela o primeiro e de Corcubión o segundo.

Actualmente son a Rúa Juan Flórez e a Avenida de Fisterra, que é a que vemos aqui.

O lugar da foto era fácil de determinar para os que non coñecían a existencia da Praza de Touros polo edificio en obras que centra a fotografía e que segue existindo na actualidade.

Parece que a Praza se construíu en 1884 pero non foi estreada ate o ano seguinte. Tiña capacidade para máis de dez mil espectadores.

Serviu para moitos eventos fóra dos taurinos. Desta forma parte dos festexos da cidade e actividades deportivas realizábanse no mesmo. Unha das primeiras fotos que conserva o Real Club Deportivo é unha festa de romanos neste recinto.

A modo de curiosidade citar que en 1934 tivo lugar un estraño suceso, ao lograr un touro desprenderse do estoque, que foi impactar nun espectador que faleceu prácticamente no acto.

Pero os touros non eran un dos espectáculos favoritos dos coruñeses e a Praza acabará por non ter prácticamente uso e ser demolida en 1967.

Esta foto pertence ao I Concurso Coruña en Sepia (2014).
Unha foto aérea da zona pode verse na presentación do II Concurso Coruña en Sepia (2015)

10 de novembro de 2015

Fragmento de Polaroid, de Suso de Toro

CHAMAN Á PORTA

—Tranquila muller, é bo rapaz e ademais hoxe sonche todos así. -Pásalle a man a modiño pola coxa, ela cruza a perna atrapándolle a man-. Tiñas ti que ver as pintas que teño eu que levar no coche agora pola noite. A ver, ;dás-me un pouco dun deses queixos? ¿eh? —saca a man de entre as pernas dela e ponlla nun peito, ela sácalla.
...

9 de novembro de 2015

MOSQUITO IMPACIENTE

Amigo mosquito, non entendo a túa impaciencia. Levas todo o día esperando, acazapado, a que cheguen os humanos ao dormitorio e déitense para comezar o teu festín de picotazos e libacións hemípteras, pero non te aguantas, será a fame.
Apenas apago a luz da mesiña comezas a revolotear sobre a miña cabeza co teu zumbido inconfundible e enervante. Posme alerta, salto da cama, escruto os teitos, os estores, as cornixas, ata que douche caza con zapatilla se véxoche ou co espray antibichos se che escondiches ben.
Entendo entón por que a xente fala do teu famoso "cerebro de mosquito". Bastase con que esperases dous ou tres minutos, unha vida, para porche vermello á miña costa e logo cambiar de casa á mañá seguinte cando os humanos ventilamos os cuartos. Agora só quédache a vinganza secular dos teus fillos sobre a pel fresca das miñas, ou unha leve mancha marrón no teito, xunto á lámpada, en memoria da túa impaciencia.

DGM

8 de novembro de 2015

Palacio Real de La Granja

Visitamos o Palacio Real de La Granja, que é unha das residencias da familia Real e áchase situado na localidade segoviana de Real Sitio de San Ildefonso. Está situado na vertente norte da Serra de Guadarrama, a 13 quilómetros de Segovia. O seu nome provén dunha antiga granxa que os monxes jerónimos tiñan nas inmediacións.

A vertente setentrional da Serra de Guadarrama foi durante a Idade Media lugar de caza reservado para os Reis. Segundo crónicas da época, o primeiro refuxio foi mandado construír polo rei Enrique III no pobo de Valsaín, o rei Enrique IV constrúe un albergue e unha pequena ermida dedicada ao Arzobíspo San Ildefonso. Felipe II construiu un suntuoso palacio que serviu de residencia aos seus sucesores até Carlos II, en tempo do cal un gran incendio, no ano 1682, destruíu a parte de poñente. Felipe V decidiu levantar un palacio no lugar en que se atopaba a ermida de San Ildefonso.

Durante os séculos XVIII e XIX, o Palacio de San Ildefonso foi a residencia de verán dos Borbóns. Sufriu un devastador incendio o 2 de xaneiro de 1918 que afectou ao teitume de todo o palacio e á Casa de Cóengos, quedando destruídos os frescos que decoraban os teitos da planta alta, algunhas lámpadas de cristal e bronce, mobles e as riquísimas teas que adornaban as paredes dos salóns desta planta. Na planta baixa deste palacio exhibíase a colección de esculturas da raíña Cristina de Suecia, e que reuniu no seu exilio en Roma tras a súa abdicación ao trono. Foron adquiridas por Felipe V e realzadas con peanas, que aínda subsisten nos espazos orixinais. As esculturas foron trasladadas no século XIX ao Museo do Prado e substituídas por reproducións en escaiola.

Cunha extensión de cento corenta e seis hectáreas, os xardíns rodean o palacio e son un dos mellores exemplos do deseño de xardíns da Europa do século XVIII. Diseminadas atópanse 21 fontes.


7 de novembro de 2015

Centenario de A metamorfose (XXXI)

Mentres, abriuse tamén a porta do comedor, onde durmía a irmá desde a chegada dos hóspedes. Grete estaba completamente vestida, coma se non houbese durmido en toda a noite, cousa que parecía confirmar a palidez do seu rostro.

-Morto? -preguntou a señora Samsa, mirando interrogativamente á asistenta, no entanto poder comprobalo por si mesma, e mesmo velo sen necesidade de comprobación algunha.

-Así é -contestou a asistenta, empuxando un bo treito co escobón o cadáver de Gregorio, como para comprobar a veracidade das súas palabras.

A señora Samsa fixo un movemento como para detela, pero non a detivo.

-Bo -dixo o señor Samsa-, demos grazas a deus.

Santiguouse, e as tres mulleres imitáronlle. Grete non apartaba a vista do cadáver:

-Que delgado está -dixo-. Había tempo que non probaba bocado. Sempre deixaba a comida intacta.

O corpo de Gregorio aparecía, efectivamente, completamente plano e seco. Disto só se daban conta agora, porque xa non o sostiñan as súas patiñas. Ninguén apartaba a vista del.

-Grete, ven un momento connosco -dixo a Señora Samsa, sorrindo melancólicamente.

E Grete, sen deixar de mirar cara ao cadáver, seguiu aos seus pais ao dormitorio. A asistenta pechou a porta e abriu a xanela de pao a pao. Era aínda moi cedo, pero o aire non era de todo frío. Estaban a finais de marzo. O tres hóspedes saíron da súa habitación e buscaron coa vista o seu almorzo.
Esquecéranos.

-E o almorzo? -preguntoulle á asistenta, de mal humor, o que parecía levar a voz cantante.

Pero a asistenta, póndose o índice ante os beizos, convidoulles silenciosamente, con grandes espaventos, a entrar na habitación de Gregorio.

6 de novembro de 2015

Pensamentos

A sociedade do espectáculo, Guy Debord (1967)

A ideoloxía é a base do pensamento dunha sociedade de clases no curso conflictual da historia. Os feitos ideolóxicos non foron xamais simples quimeras, senón a conciencia deformada das realidades, e como tales factores reais exercendo á súa vez unha real acción deformante; con maior razón a materialización da ideoloxía que entraña o éxito concreto da produción económica autonomizada, na forma do espectáculo, confunde practicamente coa realidade social unha ideoloxía que puido refacer todo o real segundo o seu modelo.

5 de novembro de 2015

Aforismos de Leonardo

208.- Nada nace onde non hai vida sensitiva, vexetativa ou racional. Nacen as plumas sobre o corpo das aves e cambian todos os anos. Os pelos crecen sobre a pel das bestas e cambian tamén todos os anos, salvo nalgures, como nas barbas dos leóns, gatos e outros animais semellantes. Nacen as herbas sobre os prados e as follas sobre as árbores, e en gran parte renóvanse todos os anos. Poderemos, pois, dicir que a Terra ten alma vexetativa e que a súa carne é o chan, os seus ósos as ordes e agregacións das rocas que forman as súas montañas, os seus tendóns as tobas, o seu sangue as veas de auga. Poderemos igualmente dicir que ao lago de sangue que rodea o corazón corresponde o mar océano; que á respiración e ás palpitacóns do pulso co crecer e decrecer do sangue, corresponde na Terra o fluxo e refluxo do mar; que a calor da alma do mundo é o lume oculto no seu interior, e, en fin, que a alma vexetativa reside no mesmo lume que en diversos lugares do globo caldea a auga dos baños termais e móstrase en sulfataras e volcáns, en Mongibello de Sicilia e en bastantes sitios máis.