7 de xullo de 2016

Fragmento de Habitante Único, de Manuel Álvarez Torneiro

Manuel Álvarez Torneiro, naceu na Coruña o 7 de xullo de 1932, xornalista e poeta galego, gañou o Premio Nacional de Poesía en 2013.

PALABRA

Sobrehumana palabra ¿onde crearte? 
Convócote a este soño; 
habita o día que arde friamente: 
estaño de mar quieto e aire avolto, 
as pesquerías de fulgor vencido, 
as infames farmacias dos invernos; 
limpa o silencio onde medra a dúbida, 
a grandísima altura que ameaza; 
arde emplumada, lancinante, rexe
a galbana da tarde, esta camposa 
en erupción de calma, 
esta asemblea de xentiles tristes; 
...

6 de xullo de 2016

A pintura de signos e formas abstractas no Paleolítico

A pintura de signos e formas abstractas no Paleolítico.
 
A abstracción nace no mesmo momento no que comeza a arte como forma diferenciada e complementaria da representación simbólica figurativa. Os signos, de difícil e discutible interpretación, con formas moi variadas, creando conxuntos homoxéneos ou mesturados con animais ou seres humanos, ofrecen un variado repertorio gráfico: puntuacións en serie, liñas curtas verticais ou oblicuas, rectángulos con cuadrículas no seu interior (tectiformes), óvalos abertos ou pechados, cunha liña central no sentido do eixo máximo (vulvas), etcétera. Se no caso dos animais ignórase o porqué das representacións, no dos signos o problema é aínda maior, pois o seu esquematismo e a súa abstracción, son tales que o seu significado se nos escapa.

En España, aparecen signos e formas abstractas nas covas da zona do Cantábrico.

O investigador A. Leroi-Gourhan cre que estas imaxes abstractas forman parte dun plan concreto de organización dos símbolos que teñen unha función ritual-máxica. Reduce os signos a dúas categorías: a masculina ou a feminina. Segundo esta interpretación serían pois formas sustitutorias da representación dos órganos sexuais.

5 de xullo de 2016

Fragmento de "O velorio" de Francisco Taxes

Roque: Por cada facenda que roubabas, por cada familia que desfacías, mercábaslle unha vela a San Antón...
XUSTO: (ferretudo, ollando prós outros) ¡Il llo terá en conta!
O FATO: (ó xeito) Amén.
Roque: Cada homiño que viña ó mundo, era pra ti un faco pró porvir... E poñíaslle un candeeiro a San Ramón... Por cada muller que che petaba, facías un castrón...

...

4 de xullo de 2016

O outeiro de ferro

O outeiro de ferro

Atópome na o fondo dunha clase, estamos todos de pé, é unha clase de pintura, temos varias mesas como as dunha barra dun bar que cruza a clase, sobre elas pomos os nosos enormes folios especiais para pintar.

Eu tiña un compañeiro á miña dereita, un home adulto, tiña a cara chea se marcas faciais, coma se tivese unha vida intensa e chea de obrigas. Á metade da clase o decide que ten que marchar, espérao un labor importante, encárgame a min que garde os seus debuxos até a próxima, el non pode levalos á reunión.

Pouco despois doume conta de que teño demasiados debuxos que levar, tento collelos todos coas mans e camiño á saída cos brazos estendidos esperando que secase a pintura.

Como podo saio da clase.

Atópome só, fóra atópome de fronte cun gran outeiro de céspede verde, aínda que sei que é unha fachada tan só.

No pico do outeiro víase un saínte metálico cuns portelos, aos arredores desta, o outeiro sacaba enormes chemineas de varios metros de altura.

O outeiro de verde céspede era a fachada que construíran para a maior fábrica de toda a cidade e a saber canto máis.

Nos seus bos tempos lembrei que traballan 5000 persoas. Hoxe está a maioría parada, coloreada por dentro con oxido.

Achégome á cima, abro unha trampilla e podo ver o que esconde, un inmenso baleirou ocupado con ferros e tubaxes, a profundidade que tiña era moito maior que a altura do outeiro, cando me fixe á parte de ter certa vertixe pensei no bo sitio que sería para facer paracaidismo.

DRD

3 de xullo de 2016

MARTÍN SOÁREZ

MARTÍN SOÁREZ [B 1369 / V 977]

Ua donzela jaz preto d'aquí,
que foi hogan'ua dona servir
e non lhi soube da terra saír,
e a dona cavalgou e colheu i
Don Caralhote nas mãos; e ten,
pois-lo ha preso, ca está mui ben,
e non quer dele as mãos abrir.

E pois a dona Caralhote viu
antre sas mãos, houv'en gran sabor
e diss'esto: «O falso treedor
que m'hogano deshonrou e feriu,
praz-me con el, pero trégoa lhi dei,
que o non mate; mas trosquiá-l'-hei
come quen trosquía falso treedor».

A bõa dona, molher mui leal,
pois que Caralhote houv'en seu poder,
mui ben soube o que dele fazer:
e meteu-o logu'en un cárcer atal,
u moitos presos jouveron assaz;
e nunca i, tan fort'e preso jaz,
que én saia, meios de morrer.

2 de xullo de 2016

Inicio de O NUMERO QUE SE ALCANZOU

O NUMERO QUE SE ALCANZOU
Thomas M. Disch
 
Cando desapareceu o aburrimento, pasou a ocupar o seu lugar o pánico. Esta vez chegou ao mediodía a través do Volume 6 de Toynbee. Normalmente, un bo mergullo e un par de quilómetros percorridos a nado arranxarían as cousas, pero era inverno. Saíu á veranda en camiseta e deixou que o vento do lago azoutase a súa carne. Contemplou a cidade enterrada en neve e a inmaculada brancura da escena puxo un nó no seu corazón, facéndolle sentir o que perdera, e tamén por mor da súa beleza. Agarrouse á varanda do balcón, e a frialdade do metal temperou a calor das palmas das súas mans. Os seus músculos reclamaban ser utilizados. A súa mente necesitaba comunicarse con outra mente. Tiña que falar.