20 de xullo de 2026

Rafael Dieste - Dos Arquivos do Trasno - XADREZ

Enche a escena o taboleiro de xadrez baixo un ceo de estrelas e de lúa grande, medio encuberta ás veces polo paso dun escuro nubeiro. Ó se ergue-lo pano veranse tódalas pezas, cada unha no seu sitio, non sendo o Cabalo Branco de Rei.
(...)
Óese o frémito impaciente do Rei Preto.
O Rei Preto: E logo! saen ou non saen?
Os pretiños: Vinde para acó, louridos! (aturuxan)
Os Branquiños: Alá imos, tizóns (aturuxan)
O Rei Branco: Abonda xa. Silencio! Adiante ese Peón. Ollo! Soamente un paso!
O Peón: Mudaron os costumes? Non era sempre dous?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.