18 de xullo de 2026

Inicio de O factor Deus

José Saramago - O factor Deus

Nalgún lugar da India. Unha fila de pezas de artillaría en posición. Atado á boca de cada unha delas hai un home. En primeiro plano da fotografía, un oficial británico levanta a espada e vai dar orde de disparar. Non dispomos de imaxes do efecto dos disparos, pero ata a máis obtusa das imaxinacións poderá 'ver' cabezas e troncos dispersos polo campo de tiro, restos sanguinolentos, vísceras, membros amputados. Os homes eran rebeldes.

Nalgún lugar de Angola. Dous soldados portugueses levantan polos brazos a un negro que quizá non estea morto, outro soldado empuña un machete e prepárase para separar a cabeza do corpo. Esta é a primeira fotografía. Na segunda, esta vez hai unha segunda fotografía, a cabeza xa foi cortada, está cravada nun pau, e os soldados rin. O negro era un guerrilleiro. 

Nalgún lugar de Israel. Mentres algúns soldados israelís inmobilizan a un palestino, outro militar pártelle a marteladas os ósos da man dereita. O palestino tirara pedras. 

Estados Unidos de América do Norte, cidade de Nova York. Dous avións comerciais norteamericanos, secuestrados por terroristas relacionados co integrismo islámico, lánzanse contra as torres do World Trade Center e derrúbanas. Polo mesmo procedemento un terceiro avión causa danos enormes no
edificio do Pentágono, sede do poder bélico de Estados Unidos. Os mortos, enterrados entre os cascallos, reducidos a migallas, volatilizados, cóntanse por milleiros.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.