Alexandro Jodorowsky
A ninguén lle importou cando atoparon a súa peza deserta. A dona dixo: «O da 13 desapareceu».
Seguiron comendo. Un pensionista envorcou o arroz sobre a súa armadura. Mentres limpaba, un mozo aproveitou para comentar: «Eu sabía que o tal Octavio ía desaparecer; por iso non me preocupaba de asearle a peza». Seguiron comendo.
Octavio, na Universidade, foi mal considerado por faltar aos cursos de Alquimia e Lanza; o profesorado chegou a desprezalo; o Abad negoulle o ingreso ao Centro de Investigacións Fonéticas e non merecía ser rexeitado; era un bo estudante aínda que non das materias que interesaban aos outros.
Creara unha teoría: «A Voz non xorde das cordas vocais nin do aire que as remece. Existe sen que ninguén a produza. Só que está prisioneira nos músculos da garganta e depende da vontade.»
...

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.