29 de xullo de 2026

CADMO


Mentres buscaba á súa irmá Europa, que fora raptada, chegou ao oráculo de cidade de Delfos.

Alí vaticinóuselle que debía fundar unha nova cidade onde se topase cunha vaca botada no chan.

Así foi como fundou a acrópole de Tebas. Para conseguir auga tivo que matar a unha serpe.

A deusa Atenea aconselloulle que sementase os dentes do animal: ao facelo, viu con asombro que deles brotaban un exército de homes armados que se puxeron a loitar entre si.

Só sobreviviron cinco, que foron os antepasados da nobreza de Tebas.

Casou con Harmonía, a filla de Ares e de Afrodita. Atribúeselle a difusión do alfabeto e a arte da fundición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.