En 1965, a Asemblea Xeral aprobou, na súa resolución 2037 (XX), a Declaración sobre a promoción, entre a mocidade, dos ideais de paz, respecto mutuo e entendemento entre os pobos. Entre 1965 e 1975, tanto a Asemblea Xeral como o Consello Económico e Social fixeron fincapé en tres temas básicos no ámbito da mocidade: a participación, o desenvolvemento e a paz. Tamén se destacou a necesidade dunha política internacional sobre a mocidade.
O 17 de decembro de 1999, a Asemblea Xeral mediante a resolución 54/120, seguindo as recomendacións da Conferencia Mundial de Ministros de Xuventude (Lisboa, 8-12 de agosto de 1998), declarou o 12 de agosto como Día Internacional da Xuventude.
A Asemblea recomendou que se organizasen actividades de divulgación pública para apoiar o Día como unha forma de promover e dar a coñecer o Programa de Acción Mundial para a Xuventude, aprobado pola Asemblea Xeral en 1996 (resolución 50/81).
O Día Internacional da Xuventude conmemórase cada ano o 12 de agosto para chamar a atención da comunidade internacional sobre os problemas da mocidade e contribuír a desenvolver o potencial dos mozos como socios na sociedade actual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.