Deus non permita que tan espléndida beleza caia en tan vil tentación! Que tolemia sería a de ir rapar as enxabonadas barbas de rústicos aldeáns e ocuparme de mecánicos traballos! Conveñen a este corpo semellantes exercicios? Certamente, non. Prefiro agocharme nalgún lugar secreto e pasar alí unha vida de tranquilo repouso. E en efecto, pasou uns cuantos meses oculta; pero volta ao aire libre, ao saír do seu mango, viuse convertida en algo semellante a unha ferruxenta serra, e incapaz xa de reflectir na súa superficie ao sol resplandecente.
Con inútil arrepentimento lamentou en balde o dano irreparable, dicindo para si: Oh, canto mellor fose exercitar en mans do barbeiro, o meu tan agudo fío, agora perdido! Onde está a miña lustrosa aparencia? A odiosa e fea ferruxe destruíuna! Tal cousa ocorre aos enxeños que, no canto de exercitarse, entréganse ao lecer. Eles, a semellanza da nosa navalla, perden a súa aguda sutileza, de maneira que a ferruxe da ignorancia deformaos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.