E para os curiosos sobre porque celebramos este día, aínda que actualmente só en poucas localidades teñan estas festas, foron das máis populares de Galicia, un pouco como continuación de San Xoan; acendíanse fogueiras nas romarías. Como no caso de San Xoan, unha vez feita a cacharela habia que saltar por riba dela. Na Coruña perviviu como actividade importante durante a primeira metade do século XX, pero desapareceron logo. Os coruñeses tiñan dous sitios principais para ir de romaría; a Nos ou a Visma (ambos sitios con San Pedro como patrón).
Actividades para estes días de balde e no Centro Comercial Los Rosales co apoio da Deputación da Coruña:
MARTES 25, MÉRCORES 26 E XOVES 27 DE XUÑO
Estaremos de 18,00 en adiante para que a xente bote partidas de xadrez libremente e realizaremos torneo lóstrego ás 19,00.
Ademais cada día teremos algún xogo de mesa distinto e montaremos algún mobiliario novo.
VENRES 28 DE XUÑO
Torneo a ritmo mais lento... 15 minutos finish. Partidas a 18,00, 18,30, 19,00, 19,30 e 20,00.
Para o gañador deste torneo, si que teremos como premio un trofeo.
Nos próximos días iremos dando mais datos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.