13 de febreiro de 2023

Chiste de piratas

Dous vellos amigos pirata atópanse na taberna tras varios anos sen verse e empezan contar as súas aventuras nos mares. Un deles nota que o outro está moi desmellorado; ten unha perna de pau, un garfio na man e un parche no ollo e pregúntalle:
- E como terminaches con esa perna de pau?
- Estabamos no medio dunha tormenta e unha onda tiroume ao mar, caín entre unha chea de quenllas. Mentres os meus amigos subíanme unha quenlla arrincoume a perna dunha dentada.
- Vaites! E que che pasou na man, por que tes ese garfio?
-Ben.... estabamos a abordar un barco inimigo e mentres loitabamos coas nosas espadas contra os outros mariñeiros, un inimigo cortoume a man.
- Incrible! E que che pasou no ollo?
- Unha pomba que ía pasando e caeume excremento no ollo.
- Perdiches o ollo por un excremento de pomba?
- Ben... é que foi o meu primeiro día co garfio... 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.