3 de febreiro de 2023

Campionatos provinciais

O Sporting Club Casino e Palaestra organizamos conxuntamente os campionatos provinciais nas categorías sub8, sub10 e sub14. O record de asistencia a estas probas provinciais mantense denden 2013, último ano que se fixeron na cidade da Coruña. Dende entón ninguén tivo unha participación tan alta como cando teñen lugar no Sporting Club Casino. 

Na categoría sub8 o record estaba posto en 22 e parece que imos ter 25. En sub10 a marca era 47 e imos estar 10 por debaixo. En sub14 en 2013 tiveran so 13 xogadores e agora estaremos en 25.

Polo tanto estamos 2 por riba, se ben a marca mais salientable en 2013 foron os 63 na categoría sub12 (que realizaremos en Cambre a próxima semana). Tendo en conta que nas edicións seguintes non chegaron á metade desta marca, témolo dificil para facer unha igoal. Pero non vai ser polas gañas. 

Sábado 4 de febreiro. Sporting Club Casino

11,00: Campionato Provincial sub 8. https://info64.org/provincial-coruna-sub8-2023-xunta-de-galicia

16,00: Campionato Provincial sub14 https://info64.org/provincial-coruna-sub14-2023-xunta-de-galicia

16,00: Torneo de Imbolc www.xadrezuniversitario.org

Domingo 5 de febreiro. Sporting Club Casino.

11,00: Campionato Provincial sub 10. https://info64.org/provincial-coruna-sub10-2023-xunta-de-galicia

16,00: Campionato Provincial sub14 https://info64.org/provincial-coruna-sub14-2023-xunta-de-galicia

16,00: Torneo de Imbolc www.xadrezuniversitario.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.