1 de novembro de 2022

Inicio de Os Análogos

Os Análogos
Damon Knight
   
A criatura era igual que un ollo, un ollo globular que podía ver en todas direccións, enquistado na gris e nubrada mente que se chamaba Alfie Strunk. Dentro dela os pensamentos serpenteaban, mentres o ollo seguíaos sen piedade.  Coñecía a Alfie, coñecía o malo en Alfie; a enmarañada madexa de impotencia, odio e desexo; a ecuación amor = morte. As raíces daquel mal achábanse fóra do seu alcance; era só un ollo. Pero agora estaba a cambiar. Pequenos formigueos eléctricos ían e viñan profundamente polo seu propio centro. A enerxía atopaba un novo matiz, e fluía.
Un pensamento brillou na nube gris que era Alfie, formado a medias, pero inequívoco. E abriuse unha canle. Instantaneamente, o ollo introduciu por el un filamento de si mesmo.
Agora quedara libre. Xa podía actuar.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.