O home e o seu machete acababan de limpar a quinta rúa do bananal. Faltábanles aínda dúas rúas; pero como nestas abundaban as chircas e malvas silvestres, a tarefa que tiñan por diante era moi pouca cousa. O home botou, en consecuencia, unha mirada satisfeita aos arbustos rozados e cruzou o alambrado para tenderse un intre na gramilla. Mais ao baixar o arame de púa e pasar o corpo, o seu pé esquerdo escorregou sobre un anaco de cortiza desprendida do poste, a tempo que o machete escapábaselle da man. Mentres caía, o home tivo a impresión sumamente afastada de non ver o machete de plano no chan.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.