Douglas Adams
Título orixinal: Mostly Harmless
A historia da Galaxia volveuse un pouco confusa por unha serie de motivos. En parte porque os que tentan seguirlle a pista andan un pouco perplexos, pero tamén porque de todos os xeitos ocorreron cousas moi desconcertantes.
Unha das complicacións refírese á velocidade da luz e aos consecuentes obstáculos para pasala. É imposible. Nada viaxa máis rápido que a velocidade da luz coa posible excepción das malas noticias, que obedecen ás súas propias leis particulares.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.