4 de outubro de 2018

Aforismos de Leonardo

332.- A imaxinación non ve tan excelentemente como o ollo, porque este recibe as aparencias ou similitudes dos obxectos e transmíteas á sensibilidade, e da sensibilidade ao común sentido, que as xulga. Pero a imaxinación non sae fóra do común sentido senón para ir á memoria, onde se detén e morre, se a cousa imaxinada non é de gran excelencia. Neste caso a poesía reaparece na mente ou na imaxinación do poeta, que inventa as mesmas cousas que o pintor e pretende con elas igualalo; pero queda moi lonxe del, como antes demostrámolo. Logo, pois, nestas invencións, poderemos axustándonos á verdade, dicir que hai tanta distancia da ciencia da pintura á poesía como entre o corpo e a sombra que proxecta; ou maior aínda, posto que a sombra de tal corpo entra polo menos polo ollo até o común sentido, mentres que a imaxinación do mesmo corpo nace alí mesmo, no común sentido (ou cerebro). Canta diferenza entre o imaxinar a luz no cerebro e vela efectivamente fóra das tebras! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario