As primeiras representacións do faraón
Una das primeiras pezas escultóricas reais, pertencente á época tinita, é unha diminuta figura de marfil portadora da coroa do Alto Exipto, que representa ao faraón en actitude de marcha. No mesmo período xorden xa os prototipos sedentes e de pé, tallados en pedra calcaria, nos que case non hai separación entre a cabeza e os ombreiros. Xeralmente, os dous pés adoitan estar xuntos. Se un deles aparece adiantado, entón ambos quedan unidos por restos de materia pétrea. Ao principio, as estatuas sedentes posuían trazos majestuosos e moi expresivos, o que orixina no espectador unha profunda impresión. Co tempo, produciuse unha progresiva atenuación destes trazos, ata plasmar a total serenidade que caracteriza os rostros das estatuas exipcias. A partir da estatua do rei Djoser, procedente do serdab do complexo funerario de Saqqarah (Museo Exipcio, O Cairo), quedan plenamente establecidos os códigos formais que rexerán a escultura exipcia.
É a primeira escultura de tamaño natural na que cristaliza a intención da procura de solemnidade. Esta exprésase a través da simplicidade das formas. Establécese o modelo ideal en posición sedente. A figura forma entón un todo en unión cos dous planos que lle serven de soporte, un na base dos pés e outro no tronco-apoio. As extremidades inferiores están unidas, os brazos descansan un coa man estendida sobre as coxas e o outro co puño pechado pegado ao peito. A cabeza, co tocado real e a barba cerimonial, ten un rostro de trazos regulares, unha expresión inmutable, animada por ollos vítreos. Pódese dicir que é un dos primeiros intentos da arte exipcio por dominar o estilo da representación humana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.