23 de xaneiro de 2018

JOÁN DE LEÓN

JOÁN DE LEÓN

Os namorados que troban d'amor
todos devían gran doo fazer
e non tomar en si nen uu prazer,
porque perderon tan boo senhor
como el-rei don Denís de Portugal,
de que non pode dizer nen uu mal,
homen, pero seja posfaçador.

Os trobadores que pois ficaron
eno seu reino e no de León,
no de Castela, e no d'Aragón,
nunca pois de sa morte trobaron.
E dos jograres vos quero dizer:
nunca cobraron panos nen haver
e o seu ben muito desejaron.

Os cavaleiros e cidadãos
que deste rei havían dinheiros
e outrossí donas e'scudeiros
matar se devían con sas mãos,
porque perderon a tan bõo senhor,
de que posso eu ben dizer sen pavor
que non ficou d'al nos cristãos.

E máis vos quero dizer d'este rei
e dos que del havían ben-fazer:
devían-se deste mundo a perder
quand'el morreu, per quant'eu vi e sei,
ca el foi rei atán mui prestador
e saboroso e d'amor trobador,
todo seu ben dizer non poderei!

Mais tanto me quero confortar
en seu neto, que o vai semelhar
en fazer feitos de muito bõo rei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario