22 de xaneiro de 2018

Aliñación do Deportivo

Aliñación do Deportivo e 1910. Naquel ano na dous ferroláns enfrontados terán protagonismo; José Canalejas, demócrata e reformista, ao fronte do Goberno e Pablo Iglesias, fundador do PSOE, que conseguiu meter ao seu partido nas Cortes.

O cometa Halley aproximouse á Terra e algúns pensaron que era o fin do mundo, dende logo non na Coruña, onde miles de persoas participaron en festexos similares aos do entroido.

Na cidade foi inaugurado o Mercado da Praza de Lugo e a Imprenta Roel, que na Guerra Civil chegou imprimir billetes e selos. Na cidade vivían unhas 70.000 persoas. Outro suceso salientable foi a voda no Pazo de Meirás de Blanca Quiroga Pardo-Bazán e o militar máis condecorado da súa promoción; José Cavalcanti.

No Torneo da Federación de Fútbol inscribíronse só sete clubs para a fase final en Madrid, pero só acudiron tres; o Barcelona, o Español de Madrid e o Deportivo. Aproveitando a ocasión o Centro Galego organizou unha xornada galega en Madrid, coa nutrida colonia coruñesa. Asistiron o ministro de Estado, García Prieto e o Subsecretario de Gobernación, Fernández Latorre, na súa condición de socios de honra do Deportivo dende 1908, e os deputados coruñeses en Madrid.

Perdéronse os dous partidos. No primeiro desmontouse a portaría do Deportivo e no medio da confusión outorgouse validez a un gol. O segundo encontro perdeuse fronte ao Barcelona, equipo ao que houbo que agardar tanto que a Federación quería eliminalo por incomparecencia pero o Deportivo negouse.

A Directiva do deportivo aprobou o escudo deseñado por Longueira e debuxado por Leandro Álvarez. Ao solitario cinto de cabaleiro engadíaselle o pendón morado da Sala Calvet, e a repetición da coroa na bandeira galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.