As pirámides exipcias.
O fundador do IV dinastía, Snefru, mandou construír tres pirámides. A primeira delas, situada ao sur de Gizeh, pasou por diferentes etapas construtivas ata que se cubriu cada un dos seus lados por un plano liso. Esta forma piramidal tan característica responde simbólicamente á consolidación definitiva do rei como divindade.
Ademais, ideáronse varias construcións vinculadas á cámara sepulcral propiamente dita. En primeiro lugar o templo do val, situado xunto ao río; do val partía unha calzada que conducía ao templo funerario situado na parte oriental da pirámide. Desde entón estes elementos arquitectónicos incorporaríanse aos conxuntos funerarios.
As pirámides de Dahshur ilustran outros tanteos na procura dunha fórmula arquitectónica con función funeraria. Alí atópase a pirámide crebada, cuxos lados posúen dous ángulos de inclinación, e a pirámide modelo, a máis antiga das conservadas na actualidade, xa cos planos resoltos en forma triangular, aínda que os seus lados sexan isósceles e non equiláteros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.