Smith, Clark Ashton
A Musa de Hyperborea
Demasiado lonxe queda o seu pálido e mortal rostro, e demasiado remotas as neves do seu peito letal como para que os meus ollos poidan contemplalos xamais. Pero hai veces en que me chega o seu murmuro, como un xeado vento de ultratumba, debilitado despois de atravesar os golfos que separan aos mundos, e que xurdiu sobre os últimos horizontes de desertos rodeados de xeo. E fálame nun idioma que nunca ouvín, pero que sempre coñecín; e fálame de cousas mortais e de cousas marabillosas, fóra do alcance dos desexos estáticos do amor.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.