18 de xullo de 2017

A sala hipóstila

A sala hipóstila.

A sala hipóstila é un dos espazos orixinais con maiores logros artísticos pola beleza e variedade das súas columnas. No complexo de Djoser atópanse formas de columnas, que perdurarán na arquitectura de todos os períodos históricos, como as que se achan encostadas aos muros do edificio ao lado norte, que imitan os talos de papiros con fustes de sección triangular e capiteis acampanados. Dentro do recinto hai un conxunto de patios, a modo de prazas, a ambos os dous lados da pirámide.

No lado sur, o patio máis grande está concibido para celebrar a carreira ritual do faraón na que demostra aos seus súbditos que aínda está en plena forma e ten enerxía para prolongar o seu mandato.

Dentro do patio, situados nos dous extremos do eixo lonxitudinal, hai varias construcións: no norte, un pequeno altar con rampla e un templo; no sur, un edificio con planta en forma de B. A pirámide graduada, construída para acubillar o ka do rei, non é senón unha superposición de seis mastabas para dar maior monumentalidade e gardar unha proporción de escala harmónica fronte á gran muralla. Con posterioridade, enchéronse os ocos entre as diferentes terrazas, dando orixe á forma característica das pirámides. Baixo a pirámide atópase a cámara sepulcral, na que se gardaba o sarcófago e o axuar funerario, con outras cámaras adxacentes unidas por un corredor laberíntico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario