3 de xuño de 2017

Fragmento de O Corazón portugués

Fragmento de O Corazón portugués, de Ramón Loureiro, nado en Fene o 3 de xuño de 1965

UN CAMIÓN

Chove outra vez, pero máis que nunca: chove como se non fose quedar nin unha soa gota de auga no ceo. Na estrada, os foxos rebosan. Na vila, rebentan os sumidoiros das rúas. No monte, as raíces das árbores pelexan para non perde-la terra. Nas cortes, as vacas bradan amedrentadas. Nos alpendres das casas, tremen os cans.
En Ferrol, o día anda mal. Preto da Praza das Angurias, nun soto anegado pola rotura das cloacas, os bom-beiros acaban de encontra-lo corpo acoitelado dunha muller á que alguén torturou, antes de asasinala, cortándolle a lingua e as mans. Está tan estropeada, e leva tantos días podrecendo, que non vai ser doado saber quén é. Gardaba no peto o retrato dunha nena moi grosa, unha foto que lle podería ter servido á policía para as súas pescuadas pero que, con tanta humidade, se borrou.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.