A arquitectura exipcia.
A cultura exipcia está profundamente ligada á natureza, de xeito que a arquitectura convive en harmonía co marco xeográfico. O val do Nilo ofrece unha paisaxe de chairas nas proximidades do río formando terrazas e, máis aló dos desniveis, está a inmensa planicie desértica.
A ausencia de madeira e pedra determinan que a construción da vivenda, incluso os palacios máis grandiosos, sexan de ladrillos de adobe sen cocer. Pola contra, as construcións sacras, templos e tumbas, realizábanse en pedra. Construídas para a eternidade, son as únicas estruturas arquitectónicas que chegaron aos nosos días.
A arquitectura sacra non está pensada como espazo habitable, senón como forma volumétrica pura, que se sitúa na inmensidade dun territorio. A articulación do espazo no interior das construcións segue unha ordenación que depende do trazado dun eixo. As diferentes dependencias disponse aliñadas, configurando unha traxectoria que se prolonga desde o exterior profano ao interior sacro máis recóndito do templo. Toda a arquitectura está pensada conforme ás necesidades dos dous rituais fundamentais na vida exipcia: o funerario e o culto aos deuses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.