2 de marzo de 2017

Aforismos de Leonardo

270.- O paxaro mencionado ha de ser capaz de elevarse a grandes alturas con axuda do vento, e isto proporcionaralle a seguridade necesaria; pois aínda no caso de producirse os movementos xiratorios aludidos antes, terá tempo para recuperar a súa situación de equilibrio, con tal que os membros da súa estrutura posúan gran resistencia e podan vencer ao furor e a violencia dos ventos. Deberán, con ese fin, ir provistos de conxunturas (giunture) de coiro curtido, e de nervios feitos de cordóns de seda crúa fortísimos. Nunca se cometa a imprudencia de empregar material de ferro, que se crebaría moi pronto ao dobrarse, e gastaríase, razón pola cal non pode inspirar confianza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario