18 de marzo de 2017

O AMEAZADO

O AMEAZADO
Jorge Luís Borges

É o amor. Terei que ocultarme ou que fuxir.  Crecen os muros do seu cárcere, como nun soño atroz. A fermosa máscara cambiou, pero como sempre é a única.
De que me servirán os meus talismáns: o exercicio das letras, a vaga erudición, a aprendizaxe das palabras que usou o áspero Norte para cantar os seus mares e as súas espadas, a serena amizade, as galerías da Biblioteca, as cousas comúns, os hábitos, o novo amor da miña nai, a sombra militar dos meus mortos, a noite intemporal, o sabor do soño?
Estar contigo ou non estar contigo é a medida do meu tempo.
Xa o cántaro se quierbra sobre a fonte, xa o home levántase á voz da ave, xa se escureceron os que miran polas xanelas, pero a sombra non trouxo a paz.
É, xa o sei, o amor: a ansiedade e o alivio de ouvir a túa voz, a espera e a memoria, o horror de vivir en diante.
É o amor coas súas mitoloxías, coas súas pequenas maxias inútiles.
Hai unha esquina pola que non me atrevo a pasar.
Xa os exércitos cércanme, as hordas. (Esta habitación é irreal; ela non a viu).
O nome dunha muller delátame.
Dóeme unha muller en todo o corpo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario