Un 5 de febreiro de 1939 naceu María Xosé Queizán Vilas, a autora deste texto, en Vigo.
Chega á Colexiata. ¡Menos mal que escampou! Porque se non, íase pór como unha sopa... Mira por onde lle deu... Calquera que
a vexa deambulando polas rúas con este tempiño pensará, esa vella chocha, pobriña, co ben que estaría na casa. Pois se
soubesen o que está a facer, se adiviñasen os seus pensamentos... Todo por culpa do cine, da película do Ultimo Tango, que
lle desencadeou aquel balume na memoria... Non podía encerrarse na casa. Necesitaba espacio para dar renda solta aos seus
recordos, para ceibalos aos ventos do furacán, para debullalos polas gastadas laxes, polas pequenas fiestras das casas
mariñeiras, para sufocalos no mar.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.