2 de febreiro de 2017
Aforismos de Leonardo
266.- Cando o paxaro fai o seu movemento de reflexión, vento arriba, subirá a moita maior altura da que corresponde ao seu ímpeto natural, logo que o vento favorable, en colaboración co devandito ímpeto, penetra por baixo desempeñando o papel dunha cuña. Pero, chegado o paxaro ao termo do seu movemento ascensional, consumiría o seu ímpeto, quedándolle entón a soa acción favorable do vento, que torcería a traxectoria do seu voo ao dar contra o peito do paxaro, se non baixase este a súa á dereita ou a súa á esquerda, para voar cara á dereita ou cara á esquerda, e descender en semicírculo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.