12 de febreiro de 2017

PERO DA PONTE

PERO DA PONTE [B 1632 / V 1166]

Noutro día, en Carrión,
querían un salmón vender,
e chegou i un infançón;
e, tanto que o foi veer,
creceu-lhi del tal coraçón,
que diss'a un seu hom'entón:

«Peixota quer'hoj'eu comer,
ca muit'ha ja que non comí
salmón, que sempre desejei;
mais, pois que o ach'ora aquí,
ja custa non recearei,
que hoj'eu non comia, de pran,
ben da peixota e do pan,
que muit'ha que ben non ceei.

Mais, pois aquí salmón achei,
querrei hoj'eu mui ben c.ar,
ca non sei u mi o acharei,
des que me for deste logar;
e, do salmón que ora vi,
ante que x'o leven d'alí,
vai-m'ua peixota comprar.

Non quer'eu custa recear,
pois salmón fresco acho, Sinher;
mais quero ir ben del assuar
por enviar a mia molher
(que morre por el outrossí)
da bal.a que vej'aquí;
e, depois, quite quen poder!»

Ningún comentario:

Publicar un comentario