5 de agosto de 2014

Inicio do decamerón

Proemio
Giovanni Bocaccio

Aquí comeza o libro chamado decamerón, apelidado Príncipe Galeoto, no que se conteñen cen novelas contadas en dez días por sete mulleres e por tres homes novos.

Humana cousa é ter compaixón dos afligidos, e aínda que a todos convén sentila, máis propio é que sintan aqueles que xa tiveron mester de consolo e atopárono noutros: entre os cales, se houbo alguén del necesitado ou lle foi querido ou xa del recibiu o contento, cóntome eu.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario